31 dic 2013

FIN DE ANO

Unha das cancións máis típicas e emotivas do nadal é "Auld Lang Syne", cuios versos son compartidos e celebrados nos países anglosaxóns na derradeira noite do ano. Esta cantiga chegou ata os nosos días coma unha canción tradicional escocesa á que puso letra en 1788 o poeta Robert Burns. É un himno de despedida e simboliza o peche de un ciclo para abrir outros novos. Esperemos que este novo ciclo que se inicia traia algo máis solidaridade,cooperación e tolerancia e moitos menos "recortes". 
                     FELIZ ANINOVO A TODOS/AS





21 dic 2013

INVERNO


En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste alcanza o seu maior afastamento,en latitude do ecuador.
No solsticio de decembro o Sol nunca sae no Polo Norte,mantendonse 23º abaixo do horizonte,é a noite perpetua.
Hoxe comeza oficialmente o inverno e é polo tanto o día de menor duración do ano. Estará connosco ata o 20 de Marzo, o sexa que nos esperan 88 longos días de inverno...


16 dic 2013

SECCIÓN BILINGÜE


Reciclamos os tubos de papel hixiénico para facer estas fermosas estreliñas de nadal. Quedáronvos super bonitas. Bo traballo!!

9 dic 2013

SECCIÓN BILINGÜE


Este video empeza cunha imaxe tomada hoxe no exterior do noso colexio. Unha imaxe que arrecende a Nadal. E a cor dás arbores fúndese na cor das vosas caixiñas de agasallos que van pendurar nas ramas  da árbore do terceiro ciclo, para repartir ledicia entre todos vós. Bo Nadal !!!.