27 oct 2013

SAMAIN

A antiga festividade céltica do samaín  foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e o comezo do inverno . Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.

23 oct 2013

MALALA

Esta semana celébrase o aniversario da fundación da ONU(organización de Nacións Unidas), e por iso celébrase tamén a "semana do Desarmamento", na que Malala constitúe todo un símbolo para entender que o acceso á educación é unha das mellores tarefas para o desarme.

16 oct 2013

DIA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Coa celebración do día mundial da alimentación preténdese sensibilizar as persoas respecto a situación na que viven millóns de persoas no mundo pola falta de alimentos. Cerca de 800 millóns de persoas que viven en paises en desenrolo non teñen alimentos suficientes, pero tamén hai outros 34 millóns de persoas nos países industrializados que sufren continuamente a falta de alimentos necesarios para sobrevivir, agravada esta situación por esta crise que golpea sempre aos mesmos. O acceso a alimentación é un DEREITO, do que ninguén debería ser privado.

15 oct 2013

BAILAMOS?

Excelente video para ver en familia que nos permite reflexionar sobre pensamentos, creencias...algunhas veces erróneas.

12 oct 2013

REFLEXION SOBRE A CONVIVENCIA



Este é un corto de animación de Disney Pixar que gañou un oscar no ano 2000, é ainda que aparentemente pode parecer divertido, non o é tanto se somos capaces de situarnos no lugar do outro. Podemos aplicalo a algunhas situacións da convivencia na escola?



10 oct 2013

8 oct 2013

A REPRODUCIÓN

Comproba o que aprendiches.Clica na seguinte imaxe e comeza a xogar.


LA SEMILLA DEL RECUERDO

Unha excelente curtametraxe, que en poucos minutos é capaz de transmitir e despertar todo tipo de sentimentos. Merece a pena disfrutalo con tempo.