28 abr 2014

SECCIÓN BILINGÜE


Aquí están algunhas das manualidades que fixeron os rapaces e rapazas de sexto para o "Holiday Craft Project". Reutilizaron diferentes materiais. Estupendo traballo. Noraboa !!!!




Lapiceiros feitos con botellas de plástico.




Caixiñas de búho feitas con rollos de papel hixiénico.




Monedeiro feito cun cartón de leite.





Ceniceiro feito cunha lata de cerveza.




Rosas feitas con follas de periódico.



EN GALEGO, POR QUE NON?

Esta curtametraxe pretende facernos reflexionar sobre a importancia e o valor da nosa lingua, aínda que sexa considerada por algúns como minoritaria.

DÍAZ CASTRO- ACTIVIDADES LIM

MANIFESTO EN DEFENSA DO USO DA LINGUA GALEGA

Este orixinal manifesto foi elaborado polo alumnado de 3º ESO do IES Isaac Díaz Pardo (Sada), tomando coma inspiración o poema "Penélope" de Díaz castro. Noraboa pola súa grande orixinalidade!



MANIFESTO

E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!
Trazamos un camiño que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais. Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu mundo, no teu mundo galego!!
GALEGO, O PASO ADIANTE
Miraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,- EH! Viches que cambiei o meu perfil?Si, eu dei o paso adiante co galego.
A que esperas ti?- Quen nos ía dicir que estaría ben whassapear en galego!. Non si?
- Abofé que si.GALEGO, O PASO ADIANTE
- Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:# GALEGO
e verás cantos estamos conectados no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta nosa Penélope que tece e tece no galego e NUNCA DESTECE.
Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego.
 Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.
GALEGO, O PASO ADIANTE.
Este fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook...poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.GALEGO, O PASO ADIANTE o paso que damos nós cara ao futuro,nós, si nós decidimos empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTE.
Nos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento:
sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.

22 abr 2014

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano 1616 faleceron personalidades como Cervantes,Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega.
   A celebración deste día foi unha decisión tomada na Conferencia General da UNESCO que se celebrou en París no 1995, para rendir unha homenaxe universal aos libros e autores.
   Este fermoso corto amósanos como os libros son capaces de transformar as nosas vidas, facéndoo voar a nosa imaxinación e redescubríndonos un mundo novo.

DÍA DA TERRA

O 22 de abril celébrase en todo o mundo o Día da Terra, este ano ponse o foco de atención nas "cidades verdes", para facernos reflexionar sobre a necesidade de acadar un medio ambiente saudable e sostible nas áreas urbanas.
   Somos uns 72oo millóns de habitantes na Terra, e cálculase que máis do 50% da poboación mundial habita nas cidades, por iso a necesidade de crear comunidades sostibles nunca foi tan imprescindible.
   As cidades actuais apenas ocupan o 2% da superficie mundial e no ano 2050 acollerán ó 70% da poboación. A medida que a poboación urbán medra e os efectos do cambio climático empeoran, é necesario unha xestión intelixente dos recursos das cidades.


3 abr 2014

A RECICLAR

Deíxovos esta magnifica webquest, elaborada por Inés Sanchez, unha mestra da nosa escola. A ver si xa empezamos a tomar conciencia da necesidade de reciclar.


2 abr 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

Desde 1967, o 2 de abril,coincidindo coa data do nacemento do escritor danés H. Ch. Anderden, celébrase este día co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís entre os máis novos.
  O  alumnado de 3º ciclo de primaria recibíu a visita de Marcos Calveiro, escritor e avogado galego que veu a presentarnos a súa obra "O carteiro de Bagdad", unha fermosa novela coa guerra de Irak como trasfondo.