24 jun 2014

DESPEDIDA

Por fin chegaron as vacacións e con elas tamén chegou o remate do voso paso pola escola. Estes últimos días estiveron cheos de bágoas, abrazos, bicos, nervios...unha etapa péchase para vos e en setembro iniciaredes outra moi distinta. Dalgún xeito a vosa infancia comeza a esvaerse para dar paso a unha nova etapa chea de transformacións e novas experiencias, pero antes de marchar aquí queda esta fermosa reflexión feita no taller de escritura dentro do marco das actividades da aprendizaxe cooperativa.
                                                            Moita sorte a todos vos!

19 jun 2014

SECCIÓN BILINGÜE


Esta foi a nosa última actividade en plástica bilingüe. Fixemos unha libreta reutilizando unha caixa de galletas e a decoramos coa rosa que pintaramos anteriormente.