30 sept 2014

A ORQUESTA MILAGROSA DO PARAGUAI

   No ano 2011 un grupo de músicos emprededores creou unha orquesta con instrumentos reciclados do lixo en Paraguai. Pretendía ofrecer alternativas a moitos nenos e nenas cunhas perpectivas culturais moi limitadas.
    Hoxe esa orquesta convertíuse en sinfónica e fai xiras por todo o mundo,  levando consigo as "melodías de la basura",como eles lles chaman,  que buscan conmover o corazón e mover os sentimentos máis profundos de quen os escoita neste outro mundo moito máis  privilexiado.
Clika na imaxe para coñecer toda a historia

29 sept 2014

MAFALDA FAI 50 ANOS

Mafalda é o nome dunha nena,  creada polo humorista gráfico Quino, inxeniosa, cuestionadora e eternamente rebelde. Preocupada pola humanidade e a paz mundial. As súas preguntas aparentemente inxenuas siguen amosando as grandes contradiccións do mundo dos adultos.


14 sept 2014

O XABÓN

Un novo curso iniciamos e nada mellor que cun vídeo que nos faga reflexionar sobre a importancia dunha educación individualizada,que non individualista do noso alumnado. Un vídeo alegórico sobre as infinitas posibilidades que cada ser humán posee e a importancia de non poñerse a un mesmo limitaciones.