26 ene 2014

XIRA QUE TE XIRA- DÍA DA PAZ

O próximo xoves 30 de xaneiro,día da Paz, visitará a nosa escola "as Maimiñas", compañía de animación musical de Mos, e cantaremos con elas a súa canción sobre a paz.

23 ene 2014

SECCIÓN BILINGÜE


Transformamos estas chapas en coquetos imáns e reutilizamos os envases dos ovos Kinder como caixiñas para levalos  para casa.

PAN DE MILLO DE MIGALLAS

Mañán teremos unha visita moi especial na escola: chegará Migallas  para presentarnos as súas novas cancións. Este é un pequeno adianto.

13 ene 2014

CENTENARIO DE PLATERO Y YO

PLATERO Y YO ,a narración lírica de Juan Ramón Jiménez que recrea a vida e a morte do burro Platero na vila andaluza de Moguer cumpre 100 anos.A obra traducida a máis de corenta linguas é apta para o público infantil pola súa sinxeleza e transparencia, aínda que tamén presenta certa critica social.

10 ene 2014

MENUDOS CORAZONES

Cada ano en España danse 4000 novos casos de cardiopatías conxénitas, nenos e nenas con graves problemas de corazón, que requiren moito cuidado e cariño. A organización " Menudos Corazones" colabora con eles, tentando sensibilizar o resto da poboación do grave problema que padecen.