15 mar 2021

EXPERIMENTOS PARA FACER NA CASA

Hoxe  presentámosvos un libro de experimentos moi especial. Preparárono con moito mimo  e  nun tempo récord o alumnado de segundo curso do Grado de Maestro de Educación Primaria de la Universidad de Salamanca (USAL), coordinados por Camilo Ruiz Méndez.
              Así que anímovos a probar...hai unha sección adicada a  primaria.


Clika no enlace e accederás os experimentos

9 mar 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

Durante séculos,décadas, anos...as mulleres fomos invisibles na historia, nos libros de texto e nun largo etc de aspectos que tiñan que ver ca vida real...

Ao longo da historia houbo mulleres valerosas, intelixentes e sensibles que loitaron polo recoñecemento dos dereitos e da igualdade entre homes e mulleres.

     A celebración deste día tenta por en valor a figura da "Muller"... e por iso neste día conmemorase a loita da muller pola súa participación, ao igual que o home, na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro comno persoa. 

   Este ano desde á escola queremos por en valor e descubrir a mulleres presentes e cercanas a nós , que admiramos e que nos acompañan e que siguen facendo camiño...Un camiño sen ataduras de xénero ou estereotipos.

    Nesta exposición amosamos mulleres cercanas, … unha muller que  os noso alumnado escolleu por consideralas traballadoras, loitadoras, importantes nas súas vidas.