Mostrando entradas con la etiqueta C.NATURAIS 6º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C.NATURAIS 6º. Mostrar todas las entradas

15 mar 2021

EXPERIMENTOS PARA FACER NA CASA

Hoxe  presentámosvos un libro de experimentos moi especial. Preparárono con moito mimo  e  nun tempo récord o alumnado de segundo curso do Grado de Maestro de Educación Primaria de la Universidad de Salamanca (USAL), coordinados por Camilo Ruiz Méndez.
              Así que anímovos a probar...hai unha sección adicada a  primaria.


Clika no enlace e accederás os experimentos

7 may 2014

BAIXO O XEO

Un interesante documental da BBC filmado o norte do Canada, que nos permite contemplar o que sucede baixo ese mar xeado cando a marea baixa.

22 abr 2014

DÍA DA TERRA

O 22 de abril celébrase en todo o mundo o Día da Terra, este ano ponse o foco de atención nas "cidades verdes", para facernos reflexionar sobre a necesidade de acadar un medio ambiente saudable e sostible nas áreas urbanas.
   Somos uns 72oo millóns de habitantes na Terra, e cálculase que máis do 50% da poboación mundial habita nas cidades, por iso a necesidade de crear comunidades sostibles nunca foi tan imprescindible.
   As cidades actuais apenas ocupan o 2% da superficie mundial e no ano 2050 acollerán ó 70% da poboación. A medida que a poboación urbán medra e os efectos do cambio climático empeoran, é necesario unha xestión intelixente dos recursos das cidades.