
MANIFESTO
E nunca máis un paso atrás, NUNCA
MÁIS!!!!
Trazamos un camiño que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais. Bos días en galego, por que non?
Trazamos un camiño que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais. Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que
saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira,
saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu mundo,
no teu mundo galego!!
GALEGO, O PASO ADIANTE
GALEGO, O PASO ADIANTE
Miraremos atrás só para disfrutar
do moito que avanzamos.
Os meus amigos espéranme na rúa,- EH! Viches que cambiei o meu perfil?Si, eu dei o paso adiante co galego.
Os meus amigos espéranme na rúa,- EH! Viches que cambiei o meu perfil?Si, eu dei o paso adiante co galego.
A que esperas ti?- Quen nos ía
dicir que estaría ben whassapear en galego!. Non si?
- Abofé que si.GALEGO, O PASO
ADIANTE
- Pincha hoxe mesmo no
“hashtags”do teu Twitter:# GALEGO
e verás cantos estamos conectados
no mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta nosa Penélope que tece e tece
no galego e NUNCA DESTECE.
Paso a paso construímos un mundo
novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego.
Somos NÓS os que decidimos onde empregalo, alí
onde vaiamos: no instituto, na vila ou na cidade, tanto ten: virá con NÓS.
GALEGO, O PASO
ADIANTE.
Este fío invisible e forte que é a
lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en
facebook...poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en
cada boca que desperta ao mundo.GALEGO, O PASO ADIANTE o paso que damos nós
cara ao futuro,nós, si nós decidimos empregar a nosa lingua.
GALEGO, O PASO ADIANTE.
GALEGO, O PASO ADIANTE.
Nos camiños do mundo enteiro,
haberá un corazón galego que latexará co noso acento:
sen pudor, sen vergoña , sen
prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a
Galicia.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.
Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños” DÍAZ CASTRO.
Moi bo manifesto...noraboa.
ResponderEliminarMoi bo manifesto...noraboa.
ResponderEliminar