A proposta de escritura desta semana ten que ver con estas dúas fermosas e suxerentes imáxes feitas por un xove e talentoso fotógrafo, Alex Pazó, cunha interesante conta en Instagram de fotos https://www.instagram.com/_pazo_/ .
Trátase de que primeiramente fagades unha descripción do espazo físico (paisaxe) que se ve en cada unha das fotografías; pero despois imos ir un pouco máis alá coa imaxinación: tedes que contar os pensamentos , as reflexións, evocacións, lembranzas ...dese home que contempla a paisaxe na primeira foto, e na segunda imaxinar o diálogo, a conversa deses dous homes nesa fermosa paisaxe
( de que falarán?, que segredos ou preocupacións compartirán?). Así que, ánimo e non esquezades que debe estar redactada en galego e ser entregada o venres 7 de outubro.
Foto nº 1
Foto nº 2
No hay comentarios:
Publicar un comentario